Venres. 29.03.2024
El tiempo

Caldebarcos sabe a mel

Caldebarcos sabe a mel
Impresionante a aposta das organizacións dos veciños de Caldebarcos (Xurde, Montes e Comisión de Augas) pola apicultura. As entidades sociais remataron o ciclo do 2010. Un ciclo no que ademais de recuperar unhas vellas alvarizas no monte carnotán tras 60 anos extintas, rescatou unha parte do noso saber etonográfico e cultura. O veciños da zona volveron sentir o que significa a cría das abellas, e ademais, ao remate do curso cada veciño recibiu un almanaque e un tarro de mel. Xa inmersos no novo ano, e co curso de pandeireta en marcha (a recuperación tradicional engloba moitas e variadas disciplinas) as forzas vivas da zona volve cun novo curso sobre Apicultura.

Novo curso de Apicultura

Pero non paran a Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Xurde Caldebarcos, xa que de contando van empezar o novo ciclo do ano 2011. Farano este mesmo mes de febreiro cun curso de Apicultura que durará ata o mes de novembro. É o Sindicato Labrego Galego (Comisións Labregas) quen promove este curso de Apicultura, asume a súa dirección e aporta o profesorado e o material necesario para que o seu desenvolvemento sexa óptimo. O primeiro día será o domingo 27 de febreiro e a protagonista será a alvariza recuperada o ano pasado, o que permitirá un estudo máis profundo e práctico do mundo das abellas e do mel. O curso está aberto a todo o mundo, sexa de Caldebarcos ou non, i é que a vilacarnotá éche ben cosmopolita. O curso servirá para coñecer de preto todo o ciclo anual das abellas, desde que empezan a facer o mel ata que acaban, e que é o que debemos facer nós para que elas traballen o mellor posible. Será impartido por apicultores profesionais plenamente cualificados e con grande experiencia na produción de mel. Impartirase os domingos pola mañá, pero non todos, serán un ou dous ó mes. Ó empezar o curso confirmarase o calendario.

Máis información e inscricións

Poden inscribirse (é de balde) antes de que remate o mes de febreiro nos seguintes números 619 581 169 – 625 382 644, ou ben na Casa da Crega ou na Escola os sábados de 19:30h a 21:00h

Programa Curso Apicultura Caldebarcos 2011

  • Primeiro día (27 de febreiro):- As abellas. O enxame. A vida do enxame ao longo do ano. - Prácticas: Visita á colmea: apertura e visita interior. - As abellas e o medio ambiente: polinización. -Apicultura. Apicultura en Galicia: tradición e modernidade.
  • Segundo día (20 de marzo):- A comida das abellas: As flores, o néctar o pole e o propole. - Instalación do apiario. Factores a ter en conta. - Prácticas: Observacións da floracións, visita a colmea. para observar a súa evolución, colocar alzas.
  • Terceiro día (24 de abril):- A casa das abellas: A colmea, partes da colmea, o panal. - Os abelleiros, equipo e utensilios, manexo do afumador. - Calendario de traballos do apicultor ao longo do ano. - Prácticas: Visita a colmea e colocación de alzas.
  • Cuarto día (22 de maio):- Multiplicación do apiario: recollida de enxames, formación de núcleos - Prácticas: División de colmeas.
  • Quinto día (19 de xuño):- Sanidade apícola: Principias parásitos que afectan as abellas. - Prevención de doenzas. - Control de enfermedades. Desinfección. - Prácticas: Visita a algún apiario sospeitoso de padecer algunha doenza: Loque, varroa …
  • Sexto día (17 de xullo):- Produtos das abellas. Os distintos produtos das abellas: calidades e cualidades - Prácticas: Visita a apiarios dos alunnos, apiarios antiguos da zona e visita a colmea.
  • Sétimo día (04 de setembro):- A esmelga, local de extracción do mel, equipamento do local. - Prácticas: Colleita do mel. Extracción. Decantación.
  • Otavo día (18 de setembro):- Comercialización do mel. Distintos modelos - Práctica: Envasado e etiquetado do mel
  • Noveno Día (25 de setembro):- Pequena viaxe apícola.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Xurde Caldebarcos.

Comentarios