Imprimir

O pleno de Carballo aprobou os Orzamentos de 2021 coa abstención da oposición

Redacción | 23 de febreiro de 2021

Pleno telematico en Carballo

Xa nos debullara o grupo de goberno a proposta do Orzamento Municipal de Carballo para 2021. Unha proposta pque foi aprobada onte no pleno telemático, cos votos a favor do BNG e as abstencións do resto dos grupos.

 

Para o PP, estas contas “o único que pon de manifesto é a falta de ideas e a ineficacia na xestión do BNG”. Así o aseguraba a súa voceira Paula Nogueira, que considera “incomprensible” que o executivo local presente a finais de febreiro do 2021.
 “O único que fan é sacarse fotos, anunciar proxectos –Casa Social dos Mestres- e levar a cabo unha constante
maquillaxe que axude a disimular a súa falta de xestión”, dixo.

Pola súa parte, Andrés Eirís de TEGA lamenta que non haia videoacta e que dende "o goberno municipal non valore que profundicemos tanto nas partidas". Critica ademais que o goberno "non contestase á maioría das nosas preguntas". Apuntou ademais que "si pensamos que a Xunta o pode facer bastante mellor pero non creo que teña enquina a Carballo como sempre se están queixando os "choróns" deste grupo de goberno".

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/carballo-aprobou-orzamentos-2021-coa-abstencion-da-oposicion/20210223120150125194.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia