Imprimir

Carme Adán debatiu en Muxía sobre o Feminicidio

que pasa na costa | 03 de maio de 2019

Carme Adan en Muxia
Carme Adan en Muxia

A Galería Mulleres de Muxía escollíaa como protagonista do Mes de Maio, coincidindo coa súa visita á vila da Barca. Este pasado xoves, a Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega Carme Adán, celebrou unha interesante mesa debate coas familias da vila, como peche do programa do 8 de marzo que artellou o Centro de Información á Muller (CIM) muxián

A actividade, que contou co apoio da Unidade Técnica de Políticas de Igualdade e Políticas Públicas da Deputación da Coruña, tivo como eixo central o seu novo libro titulado “Feminicidio: unha nova orde patriarcal en tempos de subsumión”. Tomando a súa publicación como referencia, Carme Adán realizou unha breve análise arredor da violencia contra as mulleres, do patriarcado e da situación actual do feminismo.

A disertación de Adán propiciou a intervención das persoas asistentes no posterior debate. Este coloquio, no que participaron tanto mulleres como homes de diferentes eidos da sociedade: sanidade, xustiza, educación, asociacionismo e poboación xeral, resultou moi enriquecedor e ameno.

Todas as persoas asistentes recibiron un exemplar do seu libro.

Charla con Carme Adan en Muxia

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/carme-adan-debate-muxia-feminicidio/20190503125602109286.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia