Imprimir

Carballo impulsa o turismo sustentable a través do proxecto “Eu quero Razo-Baldaio”

que pasa na costa | 27 de xuño de 2019

Representantes dos tres colectivos, xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, participaron este mércores na presentación do cartel da iniciativa.
Representantes dos tres colectivos, xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, participaron este mércores na presentación do cartel da iniciativa.

O 3 de xullo arrincarán, en colaboración con varias entidades naturalistas, unha serie de actividades para todos os públicos que se desenvolverán ata finais de setembro baixo o lema "Coñecela para querela".

Unha ruta cultural abrirá o próximo mércores 3 de xullo a campaña “Eu quero Razo-Baldaio”, unha iniciativa enmarcada no proxecto “Eu quero a Carballo”, e que nesta ocasión trata de promover o turismo sustentable. Deste xeito, o litoral carballés será o protagonista dunha serie de actividades para todos os públicos que se desenvolverán ata finais de setembro e nas que o Concello de Carballo conta coa colaboración das entidades naturalistas Senda Nova, Hábitat e Adega. 

O calendario completo das actividades programadas, que na súa maior parte levaranse a cabo os mércores e os sábados, está dispoñible na web creada especificamente para este proxecto, á que se pode acceder desde o banner superior da portada de www.carballo.gal.

Na sección de axenda figura a descrición de cada unha das actividades: en que consisten, a quen van dirixidas, cando e onde se celebrarán, número de prazas, cal é a entidade que coordina e, moi importante, unha ligazón directa ao formulario de inscrición para que poidades realizalo online. A primeira acción, por exemplo, será a ruta “Segredos culturais da costa carballesa”, guiada por Senda Nova, que permitirá ás persoas participantes coñecer o patrimonio das nosas parroquias costeiras. Celebrarase o día 3 de xullo, de 10.30 a 13.30 horas, e poden participar persoas de calquera idade ata un máximo de 40.

Todas as actividades serán de balde, e inclúen rutas culturais, xeolóxicas ou interpretativas de especies coma a píllara das dunas, observacións ornitolóxicas, obradoiros de biodiversidade, saídas nocturnas, retirada de especies invasoras e xornadas de limpeza dos areias, bioblitz nas micro-reservas de flora, creación de micro-reservas ou un obradoiro de cestaría no que as persoas participantes realizarán unha actuación en vimbios sobre unha figura deseñada polo obradoiro carballés “Artesán” e Idioa Cuesta.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/concello-carballo-impulsa-turismo-sustentable-traves-do-proxecto-eu-quero-razo-baldaio/20190627101802111004.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia