Imprimir

Egueire explica na Cea Solidaria os proxectos de Costa de Marfil creados cos cartos da solidariedade galega

que pasa na costa | 01 de decembro de 2019

Desire Kouakou Tanoh falando na Cea Solidaria de Egueire en Cee
Desire Kouakou Tanoh falando na Cea Solidaria de Egueire en Cee

Acción directa é a que propón a ONG Egueire, demostrando que as colaboracións que fan todos os seus socios, van directamente ao desenvolvemento de proxectos reais, proxectos que empoderan á cidadanía de Costa de Marfil. A ONG afianzada na Costa da Morte celebraba esta fin de semana a súa Cea Solidaria, na que máis de 150 persoas, ademais de poñer o seu grao de area, comprobaron como se desenvolven proxectos creados con cartos saídos da solidariedade [email protected] [email protected]

O presidente da ONG, o párroco Desire Kouakou Tanoh aproveitou para agradecer a implicación da xente coa Ong e describiu a situación do proxecto agropecuario que se está levando a cabo. Un proxecto que comezaba xa en 2016 coa formación, durante 2 anos, de dous mozos de Costa de Marfil no EFA Fonteboa, e que se puña andar o pasado mes de setembro.

Construcción da nave no proxecto Agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Construcción da nave no proxecto Agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH​
reparto de semillas para iniciar os semilleros no proxecto agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Reparto de sementes para iniciar os sementeiros no proxecto agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VHSistema de regadio en Costa de Marfil-Foto-VH
Sistema de regadío implatado nos terreos de Costa de Marfil-Foto-VH
 

Tamén contou como evoluciona a Maternidade, que cumple o vindeiro mes de decembro dous anos dende a súa construción e que duplicou o seu plantel de traballadores neste tempo, sendo xa un referente para o estado aínda que queda moito camiño por percorrer na formación da sociedade africana.

Maternidad de Costa de Marfil-Foto-VH
Dous anos en funcionamento cumpliu xa a Maternité

Foi o ceense Víctor Hugo Conde, quen o acompañou o pasado mes de novembro a Costa de Marfil, o que tamén contou a dura realidade coa que se atopou, e a axuda que se está levando a cabo, a cal fotografiou e compartiu cos asistentes.

Na cea contouse ademaís coa colaboración de dous rapaces ceenses, Lucia e Gabriel, quen están a realizar un voluntariado coa ONG con motivo dun traballo escolar, que ten moitas cousas por diante.

Novas dos proxectos de Egueire

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/egueire-aproveita-cea-solidaria-contar-como-desenvolven-proxectos-creados-costa-marfil-cos-cartos-da-solidariedade-galega/20191201213046115548.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA