Imprimir

As Eleccións Europeas decídense… na Ponte do Porto

que pasa na costa | 10 de Maio de 2019

Simulacro de Eleccions Europeas no IES Pedra da Aguia
Simulacro de Eleccions Europeas no IES Pedra da Aguia

Celebrando o Dia de Europa no IES da Ponte do PortoSi, empezou a campaña das Eleccións Municipais de 2019. Pero tamén empezou a das Eleccións Europeas, nas que todos teremos que votar o mesmo domingo 26 de maio. Unhas eleccións tan ou máis importantes que as locais, pois a de hoxe xa todos somos conscientes de todo o que inflúe na nosa vida as decisións que se toman en Bruxelas. Asuntos de pesca, do agro… dan conta da necesidade de termos bos representantes no Parlamento Europeo.

Na Costa da Morte temos unha familia especialmente consciente da incidencia da realidade europea na nosa comarca. E de feito, veñen de realizar unhas Eleccións Europeas anticipadas para poñer por riba da mesa a importancia destes comicios.

Falamos do Escola Embaixadora do Parlamento Europeo do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Despois de ducias de viaxes, debates, actividades… arredor da UE, acaban de realizar un simulacro electoral, celebrando o mesmo Día de Europa.

Éxito total de participación entre o alumnado do centro, un 86,5%, mentres que a do profesorado e do persoal non docente alcanzou o 91%. Mágoa que moitos pais e nais, ao seren as votacións en horario laboral, non puideron achegarse a “exercer o seu dereito” (foron só o 8%), deixando a participación global nun 37% do “censo electoral” da comunidade escolar do centro.

No entanto, personalidades relevantes do municipio, como a ex parlamentaria galega Marisol Soneira e a actual alcaldesa Sandra Ínsua, achegáronse polo Instituto para interesarse por esta celebración, para exercer o seu dereito a voto e para seguir incluso o reconto das papeletas.

A xornada transcorreu sen incidentes e todos os estudantes que participaron como membros das dúas mesas desenvolveron o seu papel con moita brillantez e profesionalidad.

Unha sesión que lle serviu ademais ao electorado máis novo para ver por primeira vez como se desenvolve unha cita electoral e fixo valer o segredo e a liberdade do seu voto escollendo a papeleta na improvisada cabina electoral que se montou ao efecto.

E aínda que os resultados son o de menos, os triunfadores finais foron os representantes do grupo conservador, seguidos dos verdes e os progresistas. E si matizamos aínda máis o resultado, mentres o alumnado votou mais conservador, pais e profesores se decantaron máis polos progresistas.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/eleccions-europeas-decidense-ponte-do-porto/20190510103034109505.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA