En marcha o Circuito de Xadrez da Costa da Morte
          
Fantástica a iniciativa da xente do xadrez da Costa da Morte. Dende Muxía e para toda a bisbarra nace o 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que prentende espallar este deporte por toda a bisbarra levando diferentes campionatos por Muxía, Corcubión, Vmianzo, Carnota, Camariñas e Fisterra.
Así, o Concello de Muxía e o Club de Xadrez Cabo Touriñán teñen xa preparado este 1º Circuito de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, unha festa deportiva na que tamén colaboran a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, e os Concellos de Camariñas, Corcubión, Carnota, Fisterra e Vimianzo, ademais da Asocioación O Casino de Fisterra e Cocacola.
Torneos na Costa da Morte
Máis datos
Para os nenos nados entre o 2004 e 1997 inscritos no programa XOGADE, disporase dun autobús para o desprazamento, sempre e cando os nenos interesados superen a quincena.
As categorías as que vai dirixido son:
- Sub-08: Nados no 2.005 e 2006 (Prebenxamíns).
 - Sub-10: Nados nos anos 2004 e 2003 (Benxamíns).
 - Sub-12: Nados nos anos 2002 e 2001 (Alevíns).
 - Sub-14: Nados nos anos 2000 e 1999 (Infantil).
 - Absoluta: Nados nos anos 1998 e anteriores.
 
Máis información
- Concello de Muxía: Descargar Bases do Torneo.
 
Novas relacionadas
- Novos cursos de Teatro e Xadrez en Muxía.
 - O taboleiro de xadrez de Touriñán toma a Provincia e parte de Portugal.
 - O Xadrez volve a Touriñán.
 
Xadrez na Costa
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
 - Concello de Muxía.