Imprimir

Familias e escolares compartirán parladoiros socias en Malpica

que pasa na costa | 07 de febreiro de 2020

Interesantísima a proposta do Concello de Malpica. O foro ‘Fórmate en Positivo’ vai unir a escolares e familias nunha serie de coloquios de temática diversa, desde educación sexual ata os primeiros auxilios, pasando pola igualdade ou as adicións.

Comezarán o vindeiro luns, 10 de febreiro, de 18:30 a 20:00 horas no centro cívico de Malpica. Será impartida por membros da asociación Quérote +.

O segundo faladoiro será o 27 de febreiro, de 11:00 a 12:30 horas (disciplina positiva), o 12 de marzo, de 17:00 a 18:30 horas (igualdade), o 26 de marzo, de 17:00 a 18:00 horas (primeiros auxilios), o luns 20 de abril, de 11:00 a 12:00 horas (adicións), e o venres 15 de maio, que servirá de clausura, facéndoo coincidir co Día Internacional das familias. Todos serán no centro cívico.

Nesta iniciativa, impulsada polo Concello de Malpica desde a concellaría de Educación, colaborarán todos os centros da vila, así como as asociacións de pais e nais: IES Urbano Lugrís, CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, CRA Nosa Señora do Faro, ANPA Orxeira, ANPA Ventorrillo e ANPA Xaviña.

A concelleira de Educación, María Álvarez, destaca que “é a primeira vez que se organiza en Malpica un compendio de faladoiros como este, e agardamos que teña unha boa acollida para poder sentar as bases dun proxecto a longo prazo”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/familias-escolares-compartiran-parladoiros-socias-malpica/20200207103544117216.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia