Imprimir

FútFem: 0-1 tamén suma... para seguir soñando

que pasa na costa | 18 de marzo de 2019

Capis do Puentearnelas e As Miúdas-Foto-Chema Caamaño
Capis do Puentearnelas e As Miúdas-Foto-Chema Caamaño

Faltan 4 xornadas e as nosas guerreiras seguen dando o do de peito. Os dous equipos costeiros sacaron os seus partidos fóra da casa pola mínima.

Moito mérito o das Miúdas, que se manteñen como o equipo máis en forma da categoría trala súa 6ª vitoria consecutiva. As de Fer e Fran seguen a 6 puntos dun Boiro que non falla, pero o soño do ascenso non deixa de pasar polas noites das costeiras.

Polo Norte, o Bergan sufriu da cancha dun dos pechacancelas, nun choque no que a falta de acerto (as de Gueli tiveron ata 22 saques de esquina) fixo perigrar os tres puntos. Puntos que as meten na 7ª praza, aínda con opcións que alcanzar ao Touro.

2ª División, Gr. 3, xornada 22

  • Resultado: Puentearnelas - As Miúdas (0-1)
  • As MIúdas: Yaiza, Paula, Isa, Martina, Antía, Laura, Leti, María Dosil, Bárbara, Marta e Pati Entraron: Sandra, Gala, Eva e Iria
  • Gol: 0-1, m.22: Bárbara.

As Miudas celebrando o gol ante o Puentearnelas -Foto-Chema Caamano
As Miúdas celebrando o tanto-Foto-Chema Caamaño

Un duro combate o que superou o cadro muradán o domingo. Dominaron a poesión pero o cadro local, ben posicionado, mantiña unha defensa intensa e aguerrida que bloqueaba os intentos de ataque dunhas Miúdas que acumulaban xente en campo rival. O único gol do encontro chegou no minuto 22, unha boa internada pola esquerda de Bárbara que define a media altura pero topa co rexeite da meta local, e na area anticípase ás zagueiras María Dosil para enviar á rede o gol que sería definitivo.

Na reanudación intentaron as arousanas dar un paso adiante, pero só foi eso, un intento, posto que a zaga pesca estivo a un nivel de concentración por riba da media e fixo que Yaiza tivese unha tarde máis que tranquila. Só no treito final, case á desesperada, as locales sumaron xente arriba para colgar balóns, pero lonxe de poder acadar o empate as de Muros puideron ampliar a renta en varios man a man que Bárbara non tivo a claridade de outros envites para concretar.

 

2ª División, Gr. 2, xornada 22

  • Resultado: Bandeira - Bergantiños (0-1)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Eva, Fra, Seo, Sabrina, Lore, Martasa, Mery, Canosa, Noe e Tamy. Tamén xogaron: Lara Rabuñal, Paula, Carla, Tania e Laura Torrado.
  • Gol: 0-1, m.40: Mery tras un córner.CARLA POSE procedente do Corme

O acoso bergantiñán non tivo o seu reflexo no marcador. As de Gueli non estiveron afiadas e se a meta Lara Sánchez apenas tivo que intervir, a porteira local foi unha das protagonistas.

Na primeira parte Mery, Noe e Tamy disporían de claras ocasións pero non estarían acertadas de cara a gol, aínda que todo facía presaxiar que o gol chegaría en calquer momento. O Bandeira poría moito empeño en crear ocasións pero a zaga carballesa estaría moi segura durante todo o partido. Pouco antes do descanso Mery remataba a gol un dos 22 córners, botado nesta ocasión por Fra.

Na segunda metade mais do mesmo, un Bergantiños xogando en campo rival e un Bandeira defendendo con uñas e dentes e aproveitándose do desafortunio ofensivo das xogadoras de Gueli. As ocasións chegarían de tódalas maneiras pero nin Fra, nin Canosa, nin Carla Pose (na foto), que debutaba despois de fichar esta semana procedente do Corme, tendo unha gran actuación, non estarían acertadas.

Todas as novidades do FutFem

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/futfem-0-1-tamen-suma-seguir-sonando/20190318185700107799.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA