Imprimir

Luís Aluminio salva o Camelle cando case todos os equipos pechan os banquiños

que pasa na costa | 22 de xullo de 2019

José Manuel, Antelo, Miguel Ángel Rodríguez e Lelo, as últimas presentacións
José Manuel, Antelo, Miguel Ángel Rodríguez e Lelo, as últimas presentacións

Apareceu a última hora Luís dos Aluminios, para salvar o SD Camelle. Precisamente este luns a antiga directiva ía presentar a baixa do club na RFGF, pero apareceu a salvación. Aparece un Luís que xa ten asumido a presidencia en varias ocasións, pero o equipo aínda ten que poñerse mans á obra coa renovación do plantel e do adestrador.

Novos adestradores

Só queda o propio Camelle e o Corcubión sen adestrador, a día de hoxe. Esta fin de semana facíanse catro presentacións.

Cabana e Corme apostan pola canteira, tamén nos banquiños:

  • Lelo, tras alzar a Copa da Costa Xuvenil, asume o mando do primeiro equipo do Corme.
  • José Manuel, tras toda unha vida dedicada á base do Cabana, colle o relevo nos sénior de Fernando e Pablo, que volven a xuvenís.

Laxe e Buño xa teñen míster:

  • José Antelo, despois de deixar o Castrelo, asume o mando do SD Laxe.
  • Miguel Ángel Rodríguez, que foi segundo nos cadetes do Sofán, asume o mando do novo Buño, que tamén viviu unha completa renovación na directiva.

Novas relacionadas

Máis novas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/luis-aluminio-salva-camelle-cando-case-todos-equipos-pechan-baq/20190722105520111650.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA