Imprimir

Madrid degusta de novo o que estamos pescando

que pasa na costa | 21 de decembro de 2011

Por segunda vez, o proxecto Loestamospescando, que desenvolve o GAC 3 Costa da Morte, chega ata a Madrid. E o fai para amosar os tesouros do noso mar no Mercado de San Antón. Visitantes de todo o mundo puideron achegarse ao longo dos días martes 20 e mércores 21 para degustar o mellor peixe e marisco da Costa da Morte.

O berberecho de Anllóns e a ameixa, así como o rape e a pescada, foron os produtos estrelas desta segunda degustación gratuíta. Nunha campaña que pretende potenciar a venda e o consumo de peixe e marisco proveniente desta parte de Galicia, unha das zonas pesqueira s do litoral galego máis singulares para a pesca extractiva polas súas ricas augas , as súas correntes mariñas e a súa particular xeografía.

Compra directa pola rede

Esta degustación aberta auspiciada polo Grupo de Acción Costeira Gac3 de Costa da Morte, ten como fin divulgar os produtos pesqueiros da zona e que agora tamén se poden comprar directamente na web www.loestamospescando.com.

O proxecto piloto de venda de peixe e marisco por internet posto en marcha polo grupo de Acción Costeira número 3 Costa da Morte, está cultivando xa importantes compras a través dalgúns operadores da capital de España. Vendéronse por esta canle máis de tonelada e media de produto para diferentes puntos da xeografía española.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/madrid-degusta-de-novo-o-que-estamos-pescando/20111221083053069467.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia