Imprimir

Marcos Rodríguez faise cun novo premio, o Lux Oro da APFE

que pasa na costa | 29 de novembro de 2019

Marcos Rodriguez co Lux de Ouro 2019
Marcos Rodriguez co Lux de Ouro 2019

Volviuno facer. Marcos Rodríguez volveu con premio. A cada certame que se presenta, arrasa. Desta volta foi nos Premios de Fotografía Profesional LUX 2019 que outorga a APFE (Asociación Española de Fotógrafos Profesionales). Presentaba a súa colección “Caducifolio” en categoría Proxecto Persoal e malia ir pensando en chegar a conseguir o Bronce, volve a casa, dende Barcelona, co Lux de Ouro.

O xurado destacou o “uso da luz e a potencia estética” das obras e cando tivo que dar unhas palabras (coas que non contaba) notouse que prefire estar detrás da cámara. Dedicoulle, entre bágoas, o premio ao seu fillo maio, pois o pequeno xa levara un o da Federación Europea.

Sen tempo a descansar marcha este sábado a Toledo onde se celebran os Premios Quijote. Un premio que aínda non ten nas súas vitrinas.

Obra de Marcos Rodriguez nominada aos Premio Quijote

NOVAS RELACIONADAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/marcos-rodriguz/20191129142615115505.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA