Méndez Ferrín tamén sobe ao Castelo de Peñafiel
12:27 26/01/12
Non deixa o Monte Pindo de recibir loubanzas e apoios para a súa catalogación como Parque Natural. Mentres en QPC comezamos cunha serie de vídeos cargados de historia, a Asociación MPPN non deixa de buscar apoios estratéxicos na loita pola conservación do Olimpo Céltico.
Ademais da campaña de recollida de sinaturas a través da rede, a entidade vén de falar coa Real Academia Galega, "unha institución secular que vehiculiza o conxunto das inquedanzas culturais galegas e tamén un dos máis importantes organismos para o noso idioma".
Con esta carta, o mítico presidente da entidade, Xosé Luís Mendez Ferrín, enviaba o seu alento de apoio á Asociación Monte Pindo Parque Natural:
- Somos concientes da precariedade da rede de espazos protexidos de Galicia, o que é indicador da pobreza política dominante. Naturalemente, a Real Academia Galega apoia a declaración do noso querido Pedregal e Monte Pindo como Parque Natural. Un cordial saúdo, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Os estudiantes das Universidades tamén dan un paso polo Pindo
Ademais, a entidade conservacionista informa da nova adhesión dos Comités, a maior organización estudantil galega, despois do acordo adoptado na tarde de onte polo seu consello nacional.
Completo estudio sobre O castelo de Penafiel
Así mesmo, ademais de colleitar apoios importantes, a entidade segue a recuperar o patrimonio do monte. O seu último estudio versa sobre o Castelo de Peñafiel, e dá conta da existencia fortificación en varios documentos ata o S. XV. Nesa liña valoran a posibilidade de que a a Torre de Augusto, a Ara Sextiana dos nerios, poida corresponderse en realidade co Castelo de Penafiel, no Monte Pindo, baseándose nos textos do século I de Pomponio Mela.Máis información
- Montepindo.org: O Castelo de Peñafiel.
Novas relacionadas
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Luar na Lubre pide a declaración do Monte Pindo como Parque Natural na presentación da súa nova voz.
- Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura.
- Elección Histórica da Costa da Morte: Carnota: A historia do Catelo.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López.
Máis novas
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
- Un Parque Natural case centenario.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Asociación MPPN.