Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía volve durmir a base de contos

Muxía volve durmir a base de contos
Muxia durme se lle contas un conto

Volve o Departamento de Cultura do Concello de Muxía achegarnos unha interesante proopsta cultural pensada para os máis pequenos. O concurso "Durmo...se me contas un conto" chega á sua 3ª edición, dentro do seu Programa de Dinamización Lingüística “Con X de Muxía II”, que subvenciona a Xunta de Galicia.

O obxecto do concurso é estimular ás familias no uso xeneralizado do galego promovéndoo como lingua primeira nos máis pequenos e como lingua de comunicación entre as familias; e promover, ademais, o interese pola literatura en galego.

Este ano, o concurso, que acada a súa IV edición, ten como novidade que poden presentarse cos nenos tamén os avós/as (nas edicións anteriores eran só os pais e nais os que podían concursar xunto cos seus fillos/as). Outra novidade é que se amplia a idade dos rapaces que poden concursar.

Poden participar os alumnos de centros do municipio muxián que cursen educación infantil ou primaria dentro de dúas categorías, a Categoría 1 para nenos e nenas de infantil ata 3º de primaria, e a Categoría 2 para nenos e nenas de 4º a 6º de primaria. Os premios serán 1 ordenador para cada un dos primeiros premios de ambas categorías.

O prazo de presentación dos traballos remata o 7 de outubro.

Máis información

Os contos muxiáns para durmir 2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios