Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CEIP Ricardo Tobío esixe máis vixilancia ante a continua vaga de roubos

O CEIP Ricardo Tobío esixe máis vixilancia ante a continua vaga de roubos
Roubos no Cole de Esteiro Comeza con mal pé o curso no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro por culpa dos amigos do alleo. Ademais do habitual nerviosismo do inicio de curso, a “angustia e a inseguridade” invade a boa parte da comunidade educativa, preocupada polos continuos roubos que se están producindo no centro escolar. Ao longo do curso pasado, ata en cinco ocasións entraron no edificio, causando estragos e sustraendo material informático: portátiles, tablets, proxectores,... Este mes de setembro, concretamente o pasado mércores, os vándalos volveron entrar no centro roubando material informático e audiovisual novamente. A ubicación do colexio, nunha zona afastada, e a falta de medidas de seguridade ou vixiancia, fai que o centro resulte máis accesible aos ladróns.

Vixilancia

Ademais de tramitar as denuncias correspondentes, desde o centro educativo, a situación púxose en coñecemento do Concello e da Conselleria de Educación, solicitando a instalación de cámaras ou algún sistema de seguridade. Tamén falou co Concello a dirección do centro, pero este desmarcouse comunicando que esta actuación excedería as labores de mantemento ás que está obrigado. Comprometeuse, iso si, a incrementar a presenza policial na zona, aínda que a comunidade educativa considera esta medida “insuficiente” polo que se agarda que a Consellería poida atender esta demanda. A comunidade educativa solicita tamén a colaboración veciñal, agradecendo calquera información que poida ser útil para o desenvolvemento das investigacions.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ceip-ricardo-tobio-pechou-o-mes-das-letras-con-contos-musica-e-radio/

Comentarios