O comedor do Colexio das Redondas necesita voluntarios
O CEIP das Redondas, de Cabana de Bergantiños, necesita que algún dos pais e nais dos alumnos bote unha man en horario escolar. I é que os recortes afectan a todo.
Así que as nais, os país, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2012-2013 colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.
Máis información
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 28 de setembro de 2012, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2011.
Durante o curso escolar 2012-2013 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Prazo de inscrición no Comedor
Así mesmo, está aberto tamén o prazo de presentación de socicitudes de admisión para alumnos no propio Comedor Escolar. Ata o 31 de xullo e do 3 de setembro ao 7 de setembro.
Novas relacionadas
- Os recortes impiden que Laxe recupere o horario de Pediatría.
- Durísima subida de taxas en Malpica.
- 8 Concello da Costa da Morte terán Sede Electrónica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).