Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira

O IES de Baio premiado por recuperar a paisaxe e os cultivos das Terras de Soneira
IES de Baio sobre a paisaxe das Terras de Soneira Pincha na imaxe para coñecer o traballo do IES de Baio sobre a paisaxe das Terras de Soneira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria galardoou ao IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas (A Coruña) co segundo premio na categoría de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta polo proxecto interdisciplinar “A paisaxe en Terras de Soneira”. Un proxecto no que se fixo unha recompilación da evolución do agro nesta comarca analizando catro tipos de cultivos propios da zona: liño, millo, herba e trigo.

Nunha páxina web, os alumnos quixeron ver a evolución do agro nas terras soneirá con imaxes, relacionando coa arte e mesmo cos sons máis propios dos traballos da terra.

O traballo foi coordinado pola profesora Ana Martínez e nel colaboraron os Departamentos de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Informática, Filosofía, Debuxo, Inglés, Latín, Música, Orientación e Galego.

Pódese ver o traballo galardoado na web:

Fonte

Comentarios