Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Instituto tamén aprende a ser solidario

O Instituto tamén aprende a ser solidario

Xa coñecimos aos alumnos cibermentores do IES Fin do Camiño. E coñecimos o seu proxecto #FisterraDoa, unha iniciativa que nace para fomentar a doazón. E xa teñen data para este #Maratóndesangue, pois será o mércores 20 de maio cando o bus da doazón se achegue pola vila do Cristo. E aí estarán os alumnos fisterráns animando a cada veciño que pase pola volta a facer este xesto de solidariedade que permite salvar tantas e tantas vidas.

Pero non quedan aí as accións solidarias do centro fisterrán. Pois xa están preparando o I Encontro entre o alumnado sobre Aprendizaxe e Servizo Solidario, que terá lugar en Fisterra os días 7 e 8 de maio. Ademais do IES Fin do Camiño, participarán,o IES Miguel Catalán (Coslada, Madrid), o IES Parquesol (Valladolid, Castilla y León), o IES Arcipreste de Hita (Azuqueca de Henares, Castilla-La Mancha) e o IES Leonardo da Vinci San Cugat del Vallés (Barcelona).

Este encontro, no que participarán case 200 alumn@s, ten por obxectivo compartir entre os centros participantes boas prácticas de Aprendizaxe e Servizo Solidadrio, profundizar nalgúns aspectos que as mellorarán e crear lazos emocionais entre os participantes.

Terán un pouco de todo. Arrincarán con varias dinámicas para irse coñecendo entre grupos.. Compartirán experiencias como o #FisterraDoa, o horto ecolóxico, o Leonardo Solidari… Terán tamén unha visita en bus pola Costa da Morte, con merenda no marabilloso bar da praia de Lires, e para rematar no Faro da fin do mundo, onde os nosos alumnos poderán demostrar boa fachenda dos nosos recursos naturais. A noite do xoves pecharase en clave de música, cun concerto de rap, do bo de Leo Kch.

O venres toca talleres diversos, relacionados ca rede, ca cultura, ca ecoloxía e coa solidariedade, todos valores nos que cómpre educar.

Encontro de Aprendizaxe do Servizo Solidario no IES de Fisterra 2015

Poden ver xa nas web doa Agrupación APS o Programa completo do I Encontro entre o alumnado sobre Aprendizaxe e Servizo Solidario.

Novas relacionadas

Fonte

Fisterra Doa

Comentarios