Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe

O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe
O Mirante de Carlos Neira-Xaneiro 2015

Cada mes, realizaremos un repaso á actualidade electoral da man do informe que o investigadorCarlos Neira realiza para a Asociación de Medios en Galego.
O Mirante non é unha enquisa, se non que se trata dunha estimación que utiliza datos alleos, e baséase para o seu cálculo na eliminación dos nesgos ou desvíos sistemáticos nos que incorren os institutos demoscópicos -e cadanseus clientes.

O pasado decembro comprobábamos o ascenso de Podemos en Galicia de cara ás eleccións xerais de novembro 2015. E este mes de xaneiro, a tendencia é semellante. Se ben tendes o estudio completo en Calidonia.eu, estas son as conclusións máis importantes deste xaneiro:

  • Podemos segue como primeira forza, mais detén o seu crecemento, vendo reducida a un punto a súa vantaxe sobre o Partido Popular.
  • O Partido Popular recupérase, e tralos escándalos de corrupción coñecidos no mes de outubro que afundiron os seus apoios, medra por vez primeira nos últimos catro meses. Perde, con todo, máis de 5 puntos desde o final do verán.
  • O maior cambio deste mes é o retroceso do PSOE, que cae un punto no último mes e dous desde outubro, o que converte nun bluff a rexeneración personificada en Pedro Sánchez. O PSOE afástase significativamente de Podemos e o PP, co que se desfai o triple empate que aínda tentan trasladar á opinión pública algúns medios.
  • Segue a existir unha maior variabilidade entre as forzas minoritarias, máis afectadas pola volatilidade xeral, dependentes dos cambios experimentados polas tres primeiras forzas, e tamén pola maior marxe relativa de erro estatístico inherente ás súas estimacións. IU mantén por pouco a cuarta posición, e a tendencia é que Ciudadanos cómelle terreo paulatinamente a UPyD fóra de Cataluña.
  • ERC comeza a acusar o xiro dos acontecementos en relación co proceso soberanista, ao tempo que CiU detén o seu retroceso. Cabe esperar un intercambio de posicións entrambos nos próximos tempos.
  • Entre o resto de formacións nacionalistas destaca a caída de EH Bildu. Como outras forzas nacionalistas situadas na esquerda están a sufrir, en maior medida que as instaladas na dereita, a auxe de Podemos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios