Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os fumigadores si andan pola Costa

Os fumigadores si andan pola Costa

Víñase especulando nas últimas semanas que as fumigacións contra o gorgullo do eucalipto estaban remitindo ante as protestas sociais. Pero a aparición dunhas furgonetas da empresa portuguesa Floresta (bosque en portugués) dan conta de que as "fumigacións están a comezar dunha maneira máis discreta ca prevista inicialmente dos helicópteros".

Así o asegura a Plataforma contras as Fumigacións, xa formada por 25 entidades sociais e medioambientalistas, tras recibir unha foto que lle enviabamos dende QPC gracias a un colaborador.

Se ben sinalan que Mazaricos non é un dos concellos que aparecen nos plans de fumigación que foron filtrados, si que podemos comprobar no Mapa que baralla Adega sobre as fumigacións planificacións en Galicia, que a nosa zona sería unha das máis afectadas.

Manifestacións en Santiago

Este asunto coincide coa manifestación celebrada esta pasada fin de semana na que varios centos de persoas amosroan en Compostela o seu rexeitamento ás fumigacións con Flufenoxuron. Convocados pola propia “Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas” pediron unha Galiza sen pesticidas.

As protestas incidiron que as fmuigacións están sendo "cun pesticida que será prohibido este ano en toda a Unión Europea: o Cascade (Basf) que ten por principio activo o flufenoxuron. Este pesticida está catalogado como daniño pola Unión Europea e a súa venda estará prohibida a partir do 1 de agosto pola súa alta toxicidade sobre as persoas, a fauna (especialmente as abellas) e o medio ambiente, razóns polas que non poderá ser empregado máis alá do 31 de decembro".

A afectación á abellas é outro dos puntos que máis resaltan os manifestantes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios