Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os membros do ABC de Corcubión coñecen as súas raíces

Os membros do ABC de Corcubión coñecen as súas raíces

Fermosa a visita que recibimos estes días pola Costa da Morte. 44 membros da Asociación Benéfico Cultura ABC de Corcubión conmemoran o seu 90º aniversario dun xeito moi especial. Unha viaxe ás súas orixes, por todoo territorio galego.

Estes días están pola nosa terra pois son varios os que teñen familia da zona. Precisamente unha das que participou na recepción en Cee, foi a nai do Presidente da entidade, o coñecido Carlos Ameijeiras Miñones, asiduo compañeiro nos artigos de Manuel Suárez Suárez dende Lonxe de Montevideo. A nai, natural de Vimianzo, amosouse moi emotiva durante a recepción.

Xa pasaron por Muros e o vindeiro martes serán recibidos polo alcalde de Vimianzo. E onte foron recibidos no Concello de Cee, pola alcaldesa e a Concelleira de Servizos Sociais. Ademais pasaron polo Museo Fernando Blanco, onde o Coordinador e colaborador desta casa, Darío Areas, explicoules a historia do fillo de CeeFernando Blanco de Lema, fundador do Colexio-Instituto inaugurado en 1886.
I é que os cartos da emigración foronmoi importantes na educación. De feito, Ameijeiras lembrou que cos cartos dos socios do ABC se realizaron 4 escolas unitarias da Costa da Morte, as de Estorde (Cee), Nemiña (Muxía), Suarriba (Fisterra) e Pasarela (Vimianzo).

Ameijeiras quixo facer unha loubanza a todos os que marcharon, cun man por riba da outra, buscando un futuro lonxe da súa terra ao longo do século pasado. Se ben, quere animar a todos os veciños da Costa da Morte a "loitar primeiro dende aquí, que ninguén emigra por gusto".

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Comentarios