Venres. 26.04.2024
El tiempo

Paredes que modernizan

Paredes que modernizan
Derrubando Muros con Pintura

Repensar o modelo de cidade, como están realizando está realizando Carballo estes días no marco do #ForoMobilidade, tamén implica cambiar a cor das paredes. Desas paredes que durante anos afearon a paisaxe urbana, desas paredes que parecían mortas, e que agora, a base de formas e cores, reviven.
Esperemos que iniciativas como estas calen noutras vilas da zona, como Malpica, que xa está armando un plan.

A inicitiva Derrubamdo Muros con Pintura está a cambiarlle a cor a capital Bergantiñá. Está humanizándoa, modernizándoa, convertíndoa nunha cidade do século XXI, facendo de Carballo un auténtico museo ao aire libre. E non é máis que iso, pintar con graffitis, legal, ordenada e profesionalemente, unha marea de paredes, ata agora, mortas.

Hoxe traemos unha fantástica Guía práctica para visitar os graffitis que nos trae “Turismo Carballo”. Unha guía que nos descubre os case vinte murais realizados da man das coordinadoras do proxecto, a italiana Roberta Venanzi e a manchega Paula Fraile. Foron ademais, moitos artistas da zona os que participaron no proxecto, tanto xentes da casa, como outras chegadas de tan lonxe como Xapón ou a India.

Todo comezaba co mural da rúa do Sol, que representa a vexetación carballesa e ten no seu centro unha folla de Carballo. De aí á zona de Catro Portas en clave de psicodelia, e á vella estación de buses con formas clásicas. Lidia Cambón e Andrés Andrade deixaron a súa pegada na escola de Arrabale, e Cristina Castro fíxoo tamén no baixo dun edificio da Milagrosa.
Eva Facal puxo música na Rúa do Sol, e Emi de las Eras trouxo malabares á rúa Baixa. Mon Lendoiro lévanos en bici polo Rego da Balsa, e Susana Llorente e Carlos Fernández ofrécenos unha carrapuchiña tan vermella como rabuda no edificio da Ludoteca.
Un gran oso de Laura Tova, un mundo máxico de Alejandra Martínez, a paranoia xaponesa de Elin Kawa, ou os soños da india Shamia Singh; a estampa mariñeira de Santi Picos ou a mullerasa de Antón Taracido. Todo lévanos a sumerxirnos, como o buzo do grafitteiro Mou, do grupo Desordes Creativas, na arte urbana carballesa.

Carballo segue creando a súa marca.

Un par de vídeos


Este foi o primieiro dos murais da man de Nanny Mouro:

Na TVG

Máis información

Comentarios