Imprimir

Portos negouse a solventar a pasarela de cristal do porto de Camariñas

que pasa na costa | 23 de febreiro de 2020

A alcaldesa de Camariñas amosando a reforma da ponte da dársena
A alcaldesa de Camariñas amosando a reforma da ponte da dársena

 

Levaba anos pechada despois de varias roturas. A pasarela de cristal do Porto de Camariñas non foi a mellor opción, parece, pero serviu para amosar as diferencias políticas entre dous estamentos que deberían entenderse por riba das siglas. Portos de Galicia denuncia que é causa da falta de mantemento do Concello, e o Concello asegura que é culpa da obra en si, feita por portos.

Ata tal punto chegou a cousa que o Concello de Camariñas decidiu instalar, con fondos propios, un novo peche de cristal (a meirande parte dos cristais estaban rotos) e unha varanda para volver abrir a ponte da dársena. Son 15.000€ de investimento propio. Agora, o goberno local vai a instalar a iluminación e limpar a zona para, nun prazo máximo de 15 días, poder abrir a ponte ao público.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/portos-negouse-solventar-pasarela-cristal-do-porto-camarinas/20200223221823117780.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia