Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP de Carnota explica as súas xestións de intermediación coa Xunta para coidar o patrimonio

Tino Gonzalez con Ovidio Rodeiro
Tino Gonzalez con Ovidio Rodeiro
O PP de Carnota explica as súas xestións de intermediación coa Xunta para coidar o patrimonio

O longo deste ano 2019, fomos contando do acusado deterioro progresivo da cuberta dun dos grandes emblemas e icono etnográfico e patrimonial de Carnota, e por extensión de Galicia, a “cabaceira” de Carnota.

Dende o PP de Carnota, queren destacar a súa labor de intermediación para axilizar o proceso de rehabilitación. Tino González lembra que xa están en marcha as obras, ordenadas pola Xunta. Lembran xestións como a de mediados do ano 2019 cando se reuniu co Delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Un Rodeiro que intercedeu ante a Dirección Xeral de Patrimonio, Turismo de Galicia e Presidencia para darlle para adiante, e que volverá pola zona cando se rematen as obras, en menos de 2 meses. 

"Temos que defender o Patrimonio, que é un potente dinamizador cunha dimensión global que aglutina os diferentes intereses: educación, cultura, sociedade, economía, turismo responsable, memoria, identidade. É un legado insubstituíble; e pensamos que o patrimonio que ten Carnota é un tesouro que debemos defender, preservar e conservar porque é a nosa cultura, identidade e futuro", apunta González.

Obras no Horreo de Carnota

Comentarios