Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Preferente Norte: dúas vitorias para subir postos

Preferente Norte: dúas vitorias para subir postos
O cambio de adestrador, aínda que este sexa provisional, sentoulle ben ó Xallas, que encadena a súa segunda vitoria consecutiva na xornada de venres ó vencer ó Dubra. O Sofán tamén sumou tres puntos de maneira contundente ante un Estudiantil máis pendiente dos tribunais que dos campos de xogo. XALLAS F.C. 3 - S.D. DUBRA 0 FOTO DAVID CASTRO XALLAS F.C. - Julián Couto, Cristian, Jacobo, Dani Becerra, Baba (Santi 56´), Abel (Alex Blanco 65´), Julián López, Madiop, Marcos (Carlos Rieiro 70´), Iago Garrido e Iván González GOLES: 1-0 47´Baba  2-0 51´Marcos   3-0 61´Iván González O Xallas sumou a súa segunda vitoria consecutiva este venres ó derrotar a un Dubra que perdoou en exceso no primeiro tempo e pagouno no segundo. Un día de inclemencias meteorolóxicas dou cun bonito partido en Fontenla. O Dubra dominou o primeiro tempo e por momentos encerrou ó Xallas no seu campo. Dani Moto e Abelenda tiveron ocasións para os visitantes pero Julián e a falta de pericia imposibilitou que se movese o marcador. E na reanudación en poucos minutos o Xallas anotou dous tantos, o primeiro nun remate de Baba de cabeza e o segundo nunha boa xogada de Abel que Marcos aproveitou para marcar. O terceiro gol de Iván González sentenciou o encontro. S.D. SOFÁN 7 - AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL 2 FOTO LUIS GONZÁLEZ S.D. SOFÁN: Jesús Jurado, Iván Rey, Pablo, Sera, Antonio, Canedo (Jonathan 64´), Eibe, Fabián (Raúl 64´), Matías (Nacho Moreno 83´), Alexandre (Juanjo 77´) e Quintela. GOLES: 1-0 22´Fabián 1-1 28´Kante 2-1 30´Eibe 3-1 48´Matías 3-2 73´Borja 4-2 75´Matías 5-2 83´Iván Rey 6-2 87´Raúl 7-2 89´Raúl Goleada da SD no Carral ante o colista, un equipo que dou moitas facilidades e que puido levar aínda algún gol máis. A Sd fallou clarísimas ocasións nos primeiros minutos, incluso a porta baleira, con Quintela sen acerto cara o gol. Fabián adiantou ós locais cunha volea pero a primeira vez que o Estudiantil pasou do centro do campo anotou o seu tanto nun córner. Acto seguido Eibe clavou unha falta na escadra. Así se chegou ó descanso. Matías, moi acertado todo o partido, marcou de cabeza o terceiro pero nun erro defensivo acortou distancias o equipo visitante. Matías cun novo e precioso gol desfixo a incertidume e os goles foron caendo polo seu propio peso coa saída de Raúl ó campo.

Comentarios