Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente

1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente
Un Sofán que non se achicou na encerrona de Gallamonde compretou o día máis grande da súa historia co ascenso a Preferente SD novo equipo da Preferente-Foto-Sofan A SD novo equipo da Preferente-Foto-Sofan

Miño - Sofán (1-2)

A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
  • Campo: Gallamonde
  • Miño: Óscar, David Ponte (Marcos m.60), Samuel, Sanmartín, Ramón, Javi Virutas (Valente m.68), Pablo Balado, Chechu, Cheki, Darío e Pablo
  • Sofán: David Insua, Adrián, Muñiz, Brais, Felipe, Franchu (Javi Seoane m.86), Javi Doldán (Luis m.72), Iván Rey (Insua m.88), Raúl (Javi Souto m.90) e Rubén
  • Árbitro: Méndez Bouza (Ferrol). Amonestou a Sanmartín, Pablo Balado e Darío do Miño; Rubén e Felipe do Sofán
  • Goles: 1-0 m.75 Chechu; 1-1 m.84 Félix; 1-2 m.90 Brais
Unha historia cun par deles ben postos
Como un campión o como se curtido en mil batallas destas estivese o Sofán sacou o ascenso en territorio hostil, nun campo duro, e ante un rival que renunciou a calquera argumento de fútbol ou calidade. Os carballeses son de Preferente, cun par de goles e dúas bolas aceiro baixo a barriga. Gallamonde tinguiuse de encerrona e apenas deu pé a que se xogase. Fútbol directo, poucas novas nas áreas e a búsqueda por parte local de que os nervios minasen a moral e a orde carballesas. Pero nin moito menos. Axudoulle aos planes dos de Miño a xogada que a falta dun cuarto de hora parecía tirar por terra toda a resistencia e o traballo ben feito de dous encontros. Unha acción perfecta por banda de Chechu, con disparo lonxano inapelable, era a única nova de confección que executaran en dous partidos os seus. Pero nin con esas os de Josito se viñeron abaixo. Alentados por unha excursión moi numerosa de seareiros, atoparon o premio a falta de oito minutos, nunha pelota parada na que o ex do Cambre e Arteixo Félix peinou a gol ante a impotencia do Miño. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1392941004340753/videos/1555479648086887/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Xa cos locais volcados Brais, nunha contra, resolveu un sono que levou consigo boa parte da saúde e da enerxía dunha parroquia entregada e que compretou unha segunda metade campionato case perfecta. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1392941004340753/videos/1555486974752821/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] As rúas de Carballo, co eco da Copa del Rey, foron o escenario dunha celebración que comezou ás oito da tarde. E que non ten horario de peche. O Sofan asende a Preferente-Foto-SD O Sofan asende a Preferente-Foto-SD Manteando a Josito-Foto-SD Manteando a Josito-Foto-SD

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios