Venres. 29.03.2024
El tiempo

Protección Civil de Muxía, un exemplo nacional

Na súa visita estivo presente o alcalde Iago Toba, o concelleiro de Medio rural e parroquias Javier Romar, e a concelleira de Igualdade e xuventude Olalla Benlloch,
Na súa visita, Santiago Villanueva estivo acompañado polo alcalde Iago Toba, o concelleiro de Medio rural e parroquias Javier Romar, e a concelleira de Igualdade e xuventude Olalla Benlloch.
Protección Civil de Muxía, un exemplo nacional

Este xoves, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía tivo unha visita institucional. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, achegouse para coñecer de primeira man o funcionamento da agrupación muxiá, e escoitar ademais as súas demandas e necesidades, como pode ser a reposición do material de excarcelación.

Un xeito de poñer en valor o traballo altruista e a solidariedade dos voluntarios que fan destas Agrupacións un pilar básico no servizo de emerxencias en Galicia e que contribúen a reforzar os servizos profesionais mellorando así a seguridade da cidadanía. Unha dedicación de 24 horas ao día, que en Muxía ademais tamén implica a asistencia aos peregrinos que realizan a ruta do Camiño de Santiago pola costa ou o control o tráfico no acceso aos centros educativos do concello.

A de Muxía é todo un referente, e unha das máis activas do país, como recoñeceu Villanueva. Ademais de ser pioneiros en materia de comunicación polas redes (a través da súa activa páxina de Facebook AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA), son un referente nas colaboracións con outros concellos.

A Agrupación muxiá foi creada en 1992 e que conta con máis de 50 voluntarios, o que supón un 1% da poboación do municipio.

Novas relacionadas

Comentarios