Imprimir

Rafa Vilar gaña o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración

que pasa na costa | 13 de xuño de 2019

Boas novas para a literatura costeira. O ceense Rafa Vilar (1968) vén de gañar, coa obra “Os outros oficios”, o o XVI premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración, que outorga a Deputación de Ourense.

O escritor costeiro leva de premio 1.500€, despois de que o xurado valorase o texto de xeito "excepcional desde o punto de vista literario, con moito coidado da prosa e con relatos que amosan un gran coñecemento da lingua".
Así mesmo, o xurado destaca que a obra é “de fácil e agradable lectura” e que autor fai "unha galería de retratos que mesturan ben o xogo imaxinativo e adáptase para ser ilustrada".

O escritor ceense, forxado nas bases do asociacionismo e do socialismo galego, foi membro do Batallón Literario. Forma parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). e xa ten publicadas unha ducia de libros como poeta, dende “A sotavento dunha singradura” (1995); ata “Animalario estrafalario” (2013).

NOVAS RELACIONADAS

FONTE

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/rafa-vilar-gana-xvi-premio-pura-dora-vazquez-narracion/20190613100555110592.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA