Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina

Rainas de velutina capturadas por Serpa
Raíñas de velutina capturadas por Serpa
Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina

Este ano parece que a Avespa Velutina vén máis forte que nunca. Así o confirman as cifras que ofrece tanto o Servizo Municipal de Control de Praga como a empresa especializada Serpa, que está desenvolvendo a campaña de prevención no Concello de Zas.

A devandita campaña de trampeo acaba de rematar, e en Carballo o balance é de 15.952 raíñas capturadas (2.868 raíñas no mes de marzo, 7.870 no de abril e 5.202 no de maio, ademais dos 34 niños retirados), un 27,5% máis que o ano pasado. Unha cifra que tamén se corresponde co aumento do número de persoas colaboradoras, que pasou de 57 a 78, e de trampas, que se incrementou de 737 a 867.

O Servizo carballés lembra ademais que se rexistrou a primeira picadura a unha persoa que tivo que ser atendida no hospital.

Por Zas, a campaña de maio remataba con 301 raíñas fundadoras capturadas. A empresa Serpa constata tamén un “aumento tanto nos concellos como en trampeos que facemos a fincas particulares”, se ben matizan que ”nos trampeos xusto desta semana xa notamos un descenso de capturas de raiñas”.
A empresa explica que está traballando dun xeito o máis sostible posible e que ten patentado un sistema de cremación interna que non usa ningún veleno polo que é apto para ríos, regatos e cursos de auga.

Cómpre lembrar que podes avisar da presenza dun niño a través dos teléfonos 112 o 012.

Como é un niño secundario?

Novas relacionadas

Comentarios