Imprimir

A sala Antón Mouzo acollerá a exposición "Mestura de expresións" de Luísa Novais

que pasa na costa | 31 de xaneiro de 2020

O venres día 7 de febreiro ás 20:00 horas inaugurase a exposición de pintura “ Mestura de expresións” de Luisa Novais na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo. Esta sala acolle habitualmente exposicións de artistas da Costa da Morte contribuíndo a fomentar o seu coñecemento e a súa posta en valor.

A pintora camariñana, natural de Ponte do Porto, Luísa Novais achega unha mostra da súa obra artística a Vimianzo chea de cor e elementos simbólicos onde a muller ten un papel protagonista. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/sala-anton-mouzo-acollera-exposicion/20200130190614116975.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia