Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un canciño perdido por Mazaricos, dúas caniches que buscan familia e un saúdo dende Lalín con Salvacadelos

Un canciño perdido por Mazaricos, dúas caniches que buscan familia e un saúdo dende Lalín con Salvacadelos

Varias historias nos chegan hoxe a Salvacadelos. Un par de amigos que precisan familia e unha nova historia bonita máis aló das nosas fronteiras.

Un canciño perdido por Mazaricos

Coñecido xa por moitos veciños do Pino do Val, este canciño leva varias semanas abandonado polo polígono, ao carón da empresa de mantemento de xeneradores eólicos Acciona, e mais da nave de talleres Sargo.
O compañeiro Quino Pais, que xa acollera un canciño de Salvacadelos no seu día, cóntanos que "empeza a coller un pouco de confianza, pero de momento non se deixa tocar, me imaxino que xa levaría mñais dunha patada".

A parecer ten collar, pero se cadra non ten chip polo que pode ser que estea perdido. Así que sabedes de que familia pode ser, dade conta á clínica Veterinaria Argos.

Dúas caniches que buscan fogar

Aquí vedes unha das dúas caniches ás que lle buscan casa dende Salvacadelos. Son duas femias, de dous meses e medio, branquiñas a nai e caniche ou bichón e o pai un veciño sen raza, pero pequeno e branquiño tamén.

Máis historias bonitas

Se hai un par de semanas coñeciamos a incrible historia de Pinio, que de Hermedesixo acabou nos Alpes Suizos, hoxe imos ata Lalín. Dende aló Trufa que nos manda saúdos, pois agora vive coa súa nova familia. Estes veciños da comarca do Deza vírona en Salvacadelos.com, que fóra recolllida tras ser abandonada polas estradas de Baio.

Dende aquí queremos enviarlle un saúdo e agradecerlle á familia de Lalín que fomente a acollida destes canciños.

Máis información de Salvacadelos

Novas relacionadas

Historias Bonitas de Salvacadelos

Fonte

Comentarios