Imprimir

Varias asociacións costeiras esixen a dimisión do alcalde de Cabana

que pasa na costa | 23 de marzo de 2018

Jose Muino candidao a reeleccion na alcaldia de Cabana Jose Muíño As entidades Petón do Lobo, Salvemos Cabana, Cova Crea e Ouriol do Anllóns consideran que o alcalde popular de Cabana, José Muíño, "non pode seguir nin un minuto máis no seu posto logo do rexistro do Seprona no Concello de Cabana de Bergantiños este luns e a posterior declaración na tarde do mércores no cuartel da Garda Civil de Ponteceso por unha investigación xudicial por un suposto delito contra o patrimonio". As entidades lembran que os hórreos históricos son en si mesmos a imaxe do patrimonio de Galicia e a Lei garántelles a máxima protección posible. Por iso, a actiación levada en 2015 polo Concello de Cabana nunha praza de Canduas que provocou a demolición dun hórreo (e posterior reedificación noutra finca) é intolerable. Xa só queda un hórreo na praza de Canduas

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/varias-asociacions-costeiras-esixen-a-dimision-do-alcalde-de-cabana/20180323054354087466.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA