Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Ponteceso leva reciclados 14.610 kg de aceite doméstico

Collecting Oil en Ponteceso
A veciñanza de Ponteceso leva reciclados 14.610 kg de aceite doméstico

14.610 quilos de aceite serían aproximadamente 16.232 litros. Unha cantidade que podería contaminar arredor de 15 millóns de litros de auga na comarca, pero que gracias ao sistema de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais implantando polo Concello de Ponteceso, e desenvolto pola empresa Collecting Oil, fican limpos.

A campaña de reciclaxe de aceite doméstico segue a medrar na bisbarra. Outros concellos como Cabana ou Carballo tamén realizan esta campaña, levando pequenos funís a cada casa e recolléndoos varias veces ao ano.

En Ponteceso, repartíronse aproximadamente 3.200 dípticos, e as charlas informativas e a entrega destes dípticos realizáronse tanto en domicilios particulares como en comercios.

Aceite e moito máis

No mes de setembro, o concello poñía en marcha a recollida e reciclaxe destes residuos, que polas súas características precisan dun tratamento especial á hora de someterse ao proceso de reciclaxe. Estes residuos son fundamentalmente aceites de cociña, graxas e mantecas, pilas e baterías, bombillas, electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar, consumibles de impresoras, residuos téxtiles e roupa, e restos metálicos pequenos do fogar.

Novas relacionadas

Comentarios