Algún privilexiado puido disfrutar esta fin de semana dunha xornada espectacular no mar de Fisterra. Porque ver golfiños, candorcas, unha balea alibranca e un tiburón peregrino nunha soa saída non é doado.
Así o gozaron varios tripulantes da expedición que o CEMMA (Coordinadora polo Estudo dos Mamíferos Mariños) organizou no marco da campaña de embarques participativos para a monitorización destes animais. A bordo da embarcación do Buceo Finisterre, unha ducia de tripulantes disfrutaron de todas estas especies.
Dende o CEMMA destacan a presencia das candorcas, que xa nos visitaran en 2015.