Imprimir

Víctor Mosqueira e Josito Porto abriron en clave de risas o Febreiro Cultural de Cee

que pasa na costa | 04 de febreiro de 2020

Cartoons de Victor Mosqueira e Josito Porto en Cee
Cartoons de Victor Mosqueira e Josito Porto en Cee

A obra Cartoons, de Víctor Mosqueira e Josito Porto, abríu este pasado sábado o programa o Febreiro de Cee. O Auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura rexistrou unha moi boa entrada para esta primeira aposta dun completísimo programa, que ten o comunio na fin de semana de Entroido, pero que manterá actividade teatral durante todo o mes.

Así, este mesmo sábado 8 de febreiro serán Santi Romay e Federico Pérez con O Montacargas (Ainé Prod.) os que actúen ás 20:30h. Unha obra de 1957 enmarcada na corrente do “Teatro do Absurdo”.

O sábado 15 será o tempo para “Premios Darwin. A Tournee”, serie creada no marco do Festival Interplay por Carmen Conde, con AVelino González, Víctor Mosqueira, María Vázquez, César Cambeiro, Ana Santos, Evaristo Calvo, e Concha Prado. Todo un elenco para contar esta miniserie de Tarabela Creativa, que chega a Cee para explicar como se fixo, e proxectar os tres capítulos.

A fin des semana do 22 ao 25 de febreiro toca Entroido, pero diso xa tocará falar.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/victor-mosqueira-josito-porto-abriron-clave-risas-febreiro-cultural-cee/20200204143133117110.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia