Imprimir

Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas

que pasa na costa | 06 de Xuño de 2019

Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas-Foto-Carmen Bouza
Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas-Foto-Carmen Bouza

O BNG de Camariñas, tralos resultados nas Eleccións Municipais (apenas subiu 3 votos con respecto a 2015), vén de celebrar unha asemblea onde entre outros asuntos se decidiu renovar ao responsable local, tomando as rendas do órgano de dirección do BNG na localidade.

É Xurxo Rodríguez Baña, natural de Camelle, o escollido como a persoa que virá a tomar a responsabilidade é, quen será o encargado de tentar levar a organización do BNG Camariñán a novas cotas, dándolle o relevo a Manuel Camiño.

Seguirá Ilva Carril como portavoz e será a que entre no pleno coa única acta de concelleiro que conseguiu o partido.

Novas relacionadas

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/xurxo-rodriguez-bana-novo-responsable-local-do-bng-camarinas/20190606133309110404.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA