Martes. 23.04.2024
El tiempo

Zas, capital provincial do tenis de mesa co XI Torneo Poncaino Nieto

Premios do Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa de Zas 2019
Trofeos do Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa de Zas 2019
Zas, capital provincial do tenis de mesa co XI Torneo Poncaino Nieto

Despois do remate da temporada oficial, son semanas de torneos xa en clave estival. Así, este sábado 22 de xuño celebrarase un novo torneo de tenis de mesa, e xa van once, no pavillón municipal de Zas que xunto coas finais de copa do futbol base fará de Zas a capital do deporte da comarca.

O torneo de tenis de mesa desenrolarase durante todo o día, se ben a competición en si rematará sobre as 15 h. a continuación, e despois da entrega de prenmios, terán todos unha churrascada para desfrutar da compaña e logo para baixar mellor a comida realizaran varias actividades lúdico-deportivas, sempre quedará algún para mirar sentado tomando café e dixestivos.

Nesta ocasión haberá un gañador novo pois ningún dos anteriores participa pero eso non fai baixar o nivel que coma sempre será moi alto, entre os candidatos está o xogador local do AD Zas Brais Blanco, que ven de acadar o segundo porto no torneo de Oleiros. Terá como rivales e tamén candidatos ao triunfo a Sergio Pérez do Club del Mar, Diego Gomez do Finisterre TM, Juan Ángel Ferreiro do Milagrosa de Lugo e a Quico González, un superveterano con máis de 50 anos na elite do tenis de mesa galego e nacional e distinguido coa medalla ao merito deportivo da Xunta o ano pasado..Eso se non hai sorpresas.

O torneo estará dividido en varios apartados. O masculino en Open A e Open B, O femenino co primeiro premio igual ao masculino e os seguintes diferentes e escollidos polas xogadoras do clube. E por ultimo o infantil donde compiten nenos e nenas en igualdade. Todos os trifeos ou premios con cerámica artesanal de Buño. En total serán 65 competidores que viran acompañados por amigos e familiares e entre todos farán unha vedadeira festa deportiva. a selección para disputar o Open A de 16 xogadores fixoa seleccionador galego Miguel Rey así coma a distribución nos diferentes grupos na competición.

Resultados do torneo de Oleiros

O zaseiro Brais Blanco prata no Torneo de Oleiros de te nis de mesa

Por outra banda o hai duas semanas disputouse o torneo de Oleiros a ocal foron varios os xogadores dos clubes da comarca AD Zas e Vimianzo TM e que acadaron varios podiums.

Asi Laura García foi semifinalista en alevín femenino ao igual que Luis Azevedo en senior masculino. E Brais Blanco (na foto superior á esquerda) en senior masculino e Stevo (na foto inferior á esquerda) en veterano +60 forn subcampións.

Stevo Lema a esquerda no Torneo de Veteranos de Oleiros

Todas as novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios