Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri


Antes as criticas da oposición trala sentenza que condena ao alcalde de Camariñas a 4 anos de inhabilitación, un grupo de veciños vén de convocar unha concentración para este venres 26 de maio, a partir das 19:30h, en apoio ao propio Manuel Valeriano Alonso, Pichurri.
Nunha zona na que xa se ten demostrado electoralmente que os procesos xudiciais por corrupción apenas afectan aos políticos, os veciños camariñáns queren amosar o seu “recoñecemento e afecto pola súa persoa e pola labor a fronte do Concello”. Matizan que “ningún de nós cuestiona as resolucións xudiciais pero reixetamos toda forma de conseguir por vía indirecta que o pobo nega sistematicamente por medio do seu voto maioritario”.
Así, aseguran “estar con Pichurri cando recurre a sentencia xudicial, máxima cando sabemos que en todo este asunto non hai tráfico de cartos, nin maletíns cheos de billetes nin contas bancarias en paraísos fiscais”.
Amosan a súa posición cando “rexeitan o intento da oposición de apartar a Pichurri da alcaldía pola vía dunha interpretación falsa e incorrecta da sentencia, e que en caso de que prosperase tería consecuencias irreversibles para o goberno municipal”.
Novas relacionadas
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).