mércores. 30.04.2025
El tiempo

Fútbol Táctico, da man co Comité de Entrenadores da Federación Española de Fútbol

Fútbol Táctico, da man co Comité de Entrenadores da Federación Española de Fútbol
Sinatura do convenio de Futbol Tactico co Comite de Entrenadores da RFEF

En breve poderemos compartir contidos cunha das empresas costeiras que máis mira ao exterior. A revista Fútbol Táctico, xa con delegacións en Brasil ou en China, terá a súa sección en QPC, para compartir artigos, análises… de gran interese para os nosos afeccionados ao Fútbol de verdade.

Unha empresa que nacía en Coristanco, que hoxe ten a súa sé en Carballo e que cada día medra máis e máis. O último paso adiante, o convenio asinado co Comité de Entrenadores da da Federación Española de Fútbol, aí é nada.

Ata Madrid desprazouse Juan José Vila, o director da empresa. Un coristanqués que percorre mundo como asistente de Karpin, e que pasa por ser un dos máis importantes analistas de toda España e a nivel internacional. Alí estivo con Eduardo Caturla, presidente do Comité, e mesmo co seu amigo Vicente Del Bosque.

O acordo vai na liña da información e da formación, de xeito que a empresa costeira será a partir de agora o encargado de dotar á web do Comité de Adestradores da R.F.E.F, de contidos de carácter didáctico así como o facilitar ferramentas aos adestradores para que dispoñan de maior capacidade operativa á hora de gestionar e construír os seus adestramentos.
Os contidos que se facilitarán á web do Comité, abarcarán as distintas áreas do Fútbol así como en Fútbol Sala, Fútbol Praia e Fútbol Feminino; táctica, técnica, preparación física, análise, psicología, adestramento de porteiros, entrevistas, reportaxes e un longo etc.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios