sábado. 03.05.2025
El tiempo

Marco Lado e David Redonda representarán a Galicia no Campionato Nacional de Volei Praia sub-21

Marco Lado e David Redonda representarán a Galicia no Campionato Nacional de Volei Praia sub-21
Marco Lado e David Redonda no lado dereito no stage do Ezaro Marco Lado e David Redonda, no lado dereito no stage do Ézaro

Terá un ollo no Ézaro e outro nas Canarias o deporte costeiro esta fin de semana. O areal dumbriés acolle o Campionato de España de Volei Praia cadete, pero é ata as illas desprázanse dous dumbrieses para representar a Galicia nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoría Sub 21.

Marco Lado e David Redonda foron os escollidos polo seleccionador Eloy Mahía para vestir a camisola galaica no campionato que se celebra en Las Palmas entre o 21 e o 23 de xullo. As dúas parellas (en categoría feminina serán Patricia González e Gladys Giráldez) foron seleccionadas polo técnico galego logo de concentrarse no Centro Galego de Tecnificación de O Ézaro dende o luns 17 ao mércores 19 de xullo para preparar o campionato de España xunto con outros seis deportistas por categoría que finalmente quedaron fóra da convocatoria.

O Seleccionador recoñece que a renovación do equipo masculino débese ás “dúas grandes promesas da disciplina como son Marco Lado e David Redonda que farán todo o posible para estar á altura desa meritoria quinta praza que acadaron na pasada edición Rubén Táboas e Nathan Matos”.

A expedición galega parte hoxe, xoves, rumbo ás illas, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título.

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Comentarios