María Fumaça será a protagonista do Festival da Inclusión de Aloumiños en Carballo


Segue sendo Aloumiños unha das entidades da zona que máis traballa en materia de integración de persoas con necesidades específicas. E vai celebrar o seu aniversario cunha gran festa, o Festival Inclusión. Será un concerto-espectáculo que xirará arredor de María Fumaça, un proxecto no que traballan artistas como Uxía, Sergio Tannus, Magin Blanco ou Santiago Cribeiro para agasallar a Rui, un neno con capacidades especiais que, como moitos outros, é quen de atopar un mundo no que todo e posible, en especial a maxia e a felicidade.
A cita será O domingo 21 de febreiro a partir das 17.00 horas. Para asistir ao concerto de María Fumaça, que está incluído no programa dos Venres Culturais do Concello ademais de no festival Incluson, as entradas poden reservarse no 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura de 11.00 a 14.00 horas cun límite de catro entradas por persoa. O prezo é de 3€ e de 2€ con desconto para estudantes con carné de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos.
”Rutas sen barreiras”
O Alcalde anunciou, ademais, que o Concello ten previsto un proxecto para crear "Rutas sen barreiras" nos percorridos empregados habitualmente polos nenos e nenas que seguen o Camiño Escolar ou Pedibús. O obxectivo é eliminar destas rutas todas as barreiras arquitectónicas, non só para os nenos e nenas, senón tamén para todos os veciños e veciñas que efectúan estes percorridos de cotío. Gabou a iniciativa de Aloumiños no edificio do Pazo da Cultura e explicou que, con esta nova ruta tentarase facer "non só que os espazos públicos sexan accesibles, senón tamén os espazos urbanos". Esta actuación financiarase con cargo ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña.
Máis información en www.asociacionalouminhos.org..Novas relacionadas
- Aloumiños e o Conselleiro levan os Premios Rosalía e Werto da Fedanpa.
- A educación para cambiar a mentalidade e avanzar cara a inclusión.
Fonte
- Aloumiños.