![A asociación Muxía Turismo Rural presenta o proxecto "Touriñán, solpor de Europa"]()
A asociación Muxía Turismo Rural presenta o proxecto "Touriñán, solpor de Europa"
Mañá, mércores 20 de xaneiro, comeza en Madrid, unha das feiras de turismo máis importantes do momento:
Fitur. Serán varias as entidades da Costa da Morte as que acudan a esta convocatoria onde presentarán os seus propios valores turísticos. Unha delas é a asocación Muxía Turismo Rural, formada polas casas de turismo rural do municipio muxián e que contan coa certificación Q de Calidade, que presentará o proxecto
"Touriñán, solpor de Europa" nun acto que terá lugar mañá ás 12:30 horas, no stand de Galicia (pavillón 9 de Ifema).
A asociación Muxía Turismo Rural levará a cabo a presentación, en colaboración co concello de Muxía, da
ruta Solpr de Europa xunto cun polidíptico da mesma editado en tres idiomas - galego, castelán e inglés -. O itinerario, que se pode ver en
wikilok, conta cuns 30 quilómetros de percorrido que discorre pola costa dende o santuario da Barca ata a praia de Nemiña.
O tramo ofrece ao camiñante unhas espectaculares paisaxes dende a punta da Buitra, dende o que se avistas os faros Vilán e Touriñán, e o propio cabo Touriñán.
Os establecementos adheridos a Muxía Turismo Rural elaboraron un paquete específico para os usuarios desta ruta que combina, cun prezo especial, aloxamento e gastronomía ofrecentod ademais o servizo de recollida do usuario.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Asociación Muxía Turismo Rural