O Apalpador xa anda polas escolas


Primeira vez que se divisa polas escolas da bisbarra a figura do Apalpador. Os afortunados, os cativos do C.E.I.P. Bergantiños de Carballo, das 14 aulas de infantil e primeiro ciclo de primaria, que lle renderon unha emotiva a benvida ao carboeiro.
O Apalpador fixo fincapé no agarimo e coidado da natureza, especialmente no que respecta ás especies máis sensibles da natureza galega, como o lobo. Quedou moi contento cos traballos cos que os nenos e nenas lle agasallaron e que reflexaban a preocupación e o agarimo da rapazada de Bergantiños por esta especie emblemática do vértice da cadea trófica.
Cómpre loubar o traballo de Senda Nova pola difusión deste persoeiro tan noso, así como o das escolas que fan por recuperar esta tradición.
O vello carboeiro de Trives seguirá percorrendo a comarca de Bergantiños.

Máis novas
- Por un nadal máis verde.
- Nadal 2015: Gracias, Apalpador.
- Nadal 2015: Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo.
- Nadal 2014: O conto do Apalpador.
- Nadal 2014: O Apalpador estivo en Corcubión.
- Nadal 2014: Unha entrevista co mesmo Apalpador.
- Nadal 2013: Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago.
- Nadal 2012: Un Nadal máis co Apalpador.
- Nadal 2011: Unha noite co Apalpador.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Senda Nova