O Circuito de Xadrez salta de Arteixo a Baio


Aproveitaron o festivo semanal os membros do II Circuito Intercomarcal de xadrez rápido Deputación de A Coruña para disputar dúas probas, en Cedeira e en Arteixo. Dúas probas que xuntaron a case 200 xogadores, o dá conta da relevancia do circuito. As procedencias dispares tamén demostran a potencia deste deporte pois chegaron dende Ourense, Verín, Ponteareas, Sanxenxo, Tui, Chantada, Vilagarcía de Arousa, Marín, Lugo, Rianxo, Padrón, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Ames, Santiago de Compostela, Oroso, Ferrol, Betanzos, Sada, Cambre, Perillo, A Coruña, Carballo, Laracha, Val do Dubra, Coristanco, Malpica, Zas, Muros, tamén destacar a presenza de xogadores de Ponferrada, Madrid e San Sebastián e Francia.
Ademais, a IV proba será en Baio, Zas, esta fin de semana, onde se repetirá o nivel alto con varios GM, MF ou WGM.
XI Memorial Miro
O XI Memorial Argimiro Penide Cedeira Miro xuntou a 72 xogadores, e houbo un empate na cabeza entre os 2 máximos favoritos con 7,5 puntos e o desempate quixo que fose vencedor o GM Aleksa Strikovic, Serbio residente en Cambre fai moitos anos habitual do torneo e que xoga polo equipo de Chantada. 2º quedou o GM David Lariño de Esteiro e habitual deste torneo e do circuíto. O 3º posto foi paras o mozo de Oroso Martín Pena con 6,5 puntos.
XVIII Aberto de Arteixo
127 xogadores participaron en Arteixo, pero o GM Strikovic tívoo algo máis fácil xa que Lariño perdeu na rolda 5 e deixou o camiño libre para que o Serbio fixese o doblete. Finalmente o GM Aleksa Strikovic campión con 7,5 puntos, 2º MF Fernando Sánchez con 7, 3º GM David Lariño tamén con 7.
En Baio
O sábado 29 toca I Torneo de Xadrez Concello de Zas que se disputa no Auditorio de Baio.
Novas relacionadas
- O II Aberto Fundación Luis Calvo de Xadrez batíu marcas de participación.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- O Xadrez Cabo Touriñán pelexa por manter a 3ª praza.
- O Manuela Rial gran protagonista do campionato comarcal de Xadrez.
- O Cabo Touriñán afiánzanse na zona media da 2ª Galega de xadrez
- O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía.
- O erros condenan ao Club Xadrez Cabo Touriñán en Vilagarcía.
- Unha incomparecencia impide ao Cabo Touriñán sumar a súa segunda vitoria na Pobra
- Febreiro 2017: O Xadrez Cabo Touriñán comeza a liga con vitoria.
- Setembro 2016: 745 xogadores participaron no I Circuito Intercomarcal de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).