mércores. 30.04.2025
El tiempo

O club Triatlon Costa da Morte triunfa na primeira proba do Circuito Galego

O club Triatlon Costa da Morte triunfa na primeira proba do Circuito Galego
Triatlon Costa da Morte en Beariz Os 4 membros do club Triatlón Costa da Morte en Beariz

Menuda manteira de comezar o 2017. O Club Triatlón Costa da Morte vén de gañar por equipos a primeira proba do Circuíto Galego de Duatlón Cross celebrada en Beariz-Ourense. O trío formado por David Calzas (Vimianzo), Gabriel Castiñeira Pais (Vimianzo), Francisco Pais Fondo (Vimianzo) e José Ageitos (Camariñas) completaron o mellor tempo por equipos, cun minuto de vantaxe sobre o Team Corbelo.

Mención aparte merece o vimiancés David Calzas, que despois de vencer o Duatlón de Reis da súa localidade, acadou o primeiro posto na Clasificación Individual.

Xa preparan a seguinte proba do Circuíto, en Maside, o próximo domingo 22, para a que xa hai 7 deportistas costeiros anotados. Entre eles xente de Cee, Carnota, Baio... Así que se queredes unirvos, só tendes que contactar en triatloncostadamorte@gmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios