xoves. 01.05.2025
El tiempo

O cociñeiro Juan Mari Arzak visita a Costa da Morte

O cociñeiro Juan Mari Arzak visita a Costa da Morte
O cocineiro Juan Mari Arzak visitou o faro de Fisterra guiado por Rogelio Romaris de Casa Barqueiro de Negreira O cociñeiro Juan Mari Arzak visitou o faro de Fisterra guiado por Rogelio Romarís, de Casa Barqueiro de Negreira Xa é todo un clásico que Fisterra sexa a parada obrigada para moitos dos ilustres que visitan a Costa da Morte. Onte foi o turno do recoñecido cociñeiro Juan Mari Arzak que acaba de abrir un novo proxecto gastronómico en Negreira, o "Santiago Bidea". Ademais de visitar o faro de Fisterra e de comer no restaurante Mar Viva - onde puido degustar productos da zona como o marisco e o pan de Fisterra- Arzak pasou o resto da tarde por Estorde e en Lires. En todo momento, o cociñeiro se mostrou impresionado pola paisaxe, ainda que non é a primeira vez que visita a Costa da Morte. Jose Mari Arzark en Lires Juan Mari Arzark en Lires O cociñeiro donostriarra conseguiu unha boa cantidade de recoñecementos nos máis de corenta anos que leva entre os fogóns. Así, o Restaurante Arzak foi e sigue sendo un referente da gastronomía nacional e internercional que conta coa terceira estrela da Guía Michelín. Precisamente o pasado sábado inaugurou nunha pequena vila de Negreira o Santiago Bidea; o novo establecemento hoteleiro do chef e dun socio que combina os servizos dunha casa rural cos dun restaurante no que se fusionan os productos galegos coa cociña vasca. Oihana Chico - unha disccípula de Arzak - e Julen Lizartza encargaranse de xestionar o local. Este novo proxecto naceu da vinculación do chef vasco con Negreira. Todos os anos visita a zona onde ten grandes amigos da talla de Rogelio Romarís, de Casa Barqueiro. Arzak en Fisterra Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios