sábado. 03.05.2025
El tiempo

O Náutico de Camariñas únese á prestixiosa rede internacional de Portos Deportivos Passeport Escales

O Náutico de Camariñas únese á prestixiosa rede internacional de Portos Deportivos Passeport Escales
O Club Nautico de Camarinas recibe boas novas

A rede Passeport Escales está formada de 106 portos deportivos do sur de Inglaterra, a Bretaña Francesa, o Morbihan francés, Gales, e o norte de España. Na península, o porto de Muxía xa forma parte desta rede que anima a navegar por toda Europa, á que se lle acaba de unir o Club Náutico de Camariñas.

Ademais, o porto palilleiro será escala na regata que sae de La Baule, na Bretaña francesa, e que rematará no porto de Pedras Negras, no Grove.

Por outra banda, este ano se presentan 17 solicitudes de bandeiras azuis por parte dos portos galegos e que o porto náutico de Muxía optará por primeira vez a este galardón.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios