Liga Intermunicipios: O Cances cantou o alirón cunha xornada de marxe
O Cances é o campión da Liga de Intermunicipios de Bergantiños á falta dunha xornada para o remate da competición.
O equipo de Manolo Rama proclamouse campión logo de vencer por un contudente 4 a 1 ao ADCR Baldaio no partido da xornada. Os da parroquia de San Campio pasaron por riba dos baldaieses sendo moi superiores de principio a fin tras darlle unha gran intensidade ao encontro.
Os branquinegros confirmaron a súa gran tempada esta fin de semana co máis que merecido título de liga, tras un ano casi perfecto.
O 2º clasificado viuse sorprendido na súa visita ao Laxe. Tras unha primeira parte na que os laxenses foron superiores aos carballeses, que estiveron relativamente confiados, e chegarían ao descanso cun gol de vantaxe no marcador. Á volta do descanso, os locais farían o segundo pero a partir desto o Sporting Brea viríase arriba e sería quen de facer dous goles para poñer o 2 a 2 final.
O derbi coristanqués foi un partido con moitos goles entre dous equipos que non se xogaban nada. O Cereo CF dominou a primeira metade pero ese dominio non se convertiría en goles e chegaríase ao descanso co empate a un gol. Á volta do tempo de lecer, os visitantes poñeríanse cunha vantaxe de dous goles tras poñer o 1 a 3 no instantáneo, un marcador que incluso puideron aumentar pero non foron que de materializar as cuantiosas ocasións coas que contou. A partir desto, o equipo de Rama relaxouse e o Valenza despuxo de dúas claras ocasións que non foi quen de convertir en gol e nos últimos minutos sería cando o cadro local lle daría a volta ao marcador con tres tantos para poñer o definitivo 4-3.
A gran goleada da xornada viviuse no partido que enfrontou ao Peña Galicia e ao Sporting Seaia (15-0). Partido cómodo para os locais que tiveron a puntería que lles faltou outros días. Os malpicáns firmaron un partido digno, limpo e admirable a pesar da abultada derrota.
O Clube Deportivo Rus venciu por un claro 3 a 0 ao Xornes nun partido que non tivo complicacións.
Goleadores
- Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 28 goles.
- Edgar Rey, do Cances FC, con 25 tantos.
- Iván García, do Cereo CF, con 22 dianas.
Desde o equipo de deportes de QPC queremos darlle a noraboa ao Cances FC polo título de liga logrado esta pasada fin de semana.
Máis información
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.21:Liga Intermunicipios: O Cances ten a Liga a tiro.
- X.18: O Brea dalle emoción ao campionato.
- X.17: Liga Intermunicipios: Co Cances máis líder, o Brea asalta o 2º posto.
- X.17: O Cances acaricia o título.
- X.16: O Cances queda só.
- X.15: Cances e Baldaio quedan sós na loita.
- X.14: Baldaio e Cances seguen ca súa loita.
- X.13: O Baldaio toma o relevo.
- x.12: O Cances pecha o ano no máis alto.
- X.11: O Cances recupera o ritmo.
- X.10: O Baldaio apreta a Liga.
- X.8: O Cances é máis líder.
- X.7: O Cances toma o relevo.
- X.6: O Cereo queda só.
- X.5: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio.
- X.4: Xornada de empates.
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).