Liga Intermunicipios: O Cances acaricia o título


O Cances ten o título de liga de Intermunicipios de Bergantiños nas súas mans logo da derrota do Baldaio ante o Cereo que o deixa con seis puntos de vantaxe sobre os baldaieses, que descansarán a vindeira xornada, e con sete sobre o Sp. Brea á falta de cinco xornadas.
O Cances venciu (6-0) ao ADC A Piña con solvencia, nun partido que dominou de principio a fin e no cal voltou a demostrar a gran pegada que ten este equipo, chegando ao descanso cun 4 a 0 favorable. Á volta do tempo de lecer, a pesar de saír máis relaxados o conxunto que dirixe Manolo Rama foi quen de bater ao porteiro piñán en outras dúas ocasións, cerrando así a goleada.
O Cereo volviu a darlle a mesma menciña que na primeira volta ao Baldaio. Os baldaieses voltaron a caer (1-2), a pesar de dominar todo o encontro e crear constantes ocasións de gol que non foron quen de materializar. Aos coristanqueses bastoulles con dous lanzamentos de falta, a primeira delas moi protestada polos locais, para levarse os tres puntos da terra da Pedra do Sal. Goleada do Xornes sobre o Sporting Seaia nun partido pouco vistoso para o público presente e que estivo condicionado polo forte vento. Os pontecesáns adiantaríanse no instantáneo antes do descanso cun gol de Walter. Sería na segunda metade cando chegaría a sentenza do partido e o Xornes faría tres goles máis para poñer o definitivo 4 a 0. Os malpicáns apenas crearon perigo sobre a portería local.
O Sporting Brea venciu sen problemas ao Clube Deportivo Rus (1-7) nun encontro no que o marcador é o reflexo do que se viu sobre o terreo de xogo de A Gándara. Os visitantes chegarían ao descanso cun 0 a 2 favorable, pero sería na segunda metade cando cerrarían a goleada. Antes do final, Pablo faría o gol da honra para os locais.
O Peña Galicia caiu ante o Valenza nun partido marcado pola chuvia e o aire. Adiantouse o equipo coristanqués cando transcorría o minuto 13, aproveitando un erro defensivo dos visitantes. O Galicia tivo varias ocasións que non soupo aproveitar mentras que o Valenza si as aproveitaría para chegar ao tempo de lecer cun marcador favorable de 4 a 0. A segunda metade estaría dominada polos visitantes pero sin sorte de cara a gol, tan só Javi Martínez acertaría a enviar o balón entre os tres paus para recortar distanzas no instantáneo. Antes do final, o Valenza poñería o definitivo 5-1.
Goleadores
- Iván García, do Cereo CF, con 20 goles.
- Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 20 tantos.
- Gonzalo Zas, do ADCR Baldaio, con 17 dianas.
- Edgar Rey, do Cances FC, con 17 goles.
- Jorge Abelenda, do Sporting Brea, con 15 tantos.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da Liga Intermunicipios
- X.16: O Cances queda só.
- X.15: Cances e Baldaio quedan sós na loita.
- X.14: Baldaio e Cances seguen ca súa loita.
- X.13: O Baldaio toma o relevo.
- x.12: O Cances pecha o ano no máis alto.
- X.11: O Cances recupera o ritmo.
- X.10: O Baldaio apreta a Liga.
- X.8: O Cances é máis líder.
- X.7: O Cances toma o relevo.
- X.6: O Cereo queda só.
- X.5: O Cereo venceu o duelo e alcanza ao Baldaio.
- X.4: Xornada de empates.
- X.3: O Baldaio recupera o timón.
- X.2: Cambio de Líder.
- X.1: Os favoritos comezan gañando con sufrimento.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).