Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Brea dalle emoción ao campionato

Liga Intermunicipios: O Brea dalle emoción ao campionato
Liga Intermunicipios de Bergantiños - Sp Brea-Foto-David Castro

O Sporting Brea dálle emoción de novo a competición logo da súa vitoria sobre o líder que lle sirve para colocarse a tan só catro puntos a falta de tres xornadas. Foi un partido con moita tensión polo que había en xogo e que se resolviu no desconto e que tuvo a súa dose de polémica, como ten que ser nos grandes partidos.

O Baldaio venciu a domicilio ao CD Rus (3-6) nun partido sin complicacións a pesar de empezar perdendo cun gol en propia meta nun terreo de xogo impraticable que dificultaba a práctica do fútbol. Esta victoria deixa aos baldaieses a seis puntos do Cances, ao que se ten que enfrontar na penúltima xornada.

O Valenza goleou ao Sporting Seaia (7-1) nun partido que se decidiu tras a volta dos vestiarios. Tras unha primeira parte igualada que rematou cun axustado 2 a 1, os coristanqueses sacarían todo o seu potencial á volta dos vestiarios, aproveitando un gran baixón dos malpicáns, para acadar o resultado final que tuvo como protagonista o pichichi da competición, Enmanuel, que anotou cinco tantos.

O Laxe caiu no Cabo de Área ante o ADC A Piña nun partido que estivo condicionado polo vento. Na primeira metade, os carballeses colleron vantaxe no marcador aproveitando que estaban a favor de vento. A segunda metade foi para os laxenses que non foron capaz de acadar a remontada debido a que non materializaron as cuantiosas ocasións coas que contaron, incluído un penalti.

O Cereo sufriu ante os seus veciños de Xornes, e non sería ata a recta final cando se decidiría o partido para os coristanqueses. O Xornes chegaría con vantaxe no marcador mediada a segunda metade ata que o goleador dos visitantes, Iván facía o empate e David dende o punto de penalti facía o definitivo 2 a 3 nos instantes finais.

Goleadores

  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 25 goles.
  • Iván García, do Cereo CF, con 21 tantos.
  • Edgar Rey, do Cances FC, con 20 dianas.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Fonte

Comentarios